A Asociación Cultural Discalz@s Polo Festival, no afán de seguir recuperando as festas tradicionais da Vila de Cedeira, ten o pracér de presentar unha Festa adicada a todas as xeracións previas que viviron e disfrutaron os bailes no «Parque Pista do Floreal». Así era como se coñecía esta famosa praza da Vila e que o próximo sábado 14 de Outubro vamos a tratar de rememorar eses vellos e añorados tempos.
Para este evento, contaremos coa participación do grupo de Ferrol «Los Zares» que faran que tod@s bailemos coas cancións de sempre, o outro grupo que participará neste gran baile serán Tarraxe, que volven os escenarios no seu escenario favorito :D.
A festa dará comezo as 19:00 H da tarde, con unha sardiñada popular amenizada con gaitas da vila.
Así que xa sabedes, agardamos por tod@s no PARQUE PISTA FLOREAL, ACHÉGATE!!

