Welcome to Complete Elementor Demos – Phlox WordPress Theme. This is your first post. Edit or delete it, then start blogging!
Máis Discalz@s ainda
Estamos ás portas do Discalz@s Polo Festival 2018. Unha edición que se presenta máis ambiciosa que as anteriores, e que consagra o traballo de todo un ano, dunha asociación que vive en corpo alma a organización de este evento. Da fe o escritor de este artigo que as horas dedicadas para artellar o festival deste ano, cóntanse por centos. Sen embargo, ata agora o esforzo sempre mereceu a pena. Máis a aínda cando ás persoas do noso pobo nos dan o seu apoio para lograr ese o noso obxectivo.
Na edición do ano pasado vimos nacer ese pé xigante co que os amigos da Carpintería Villadóniga nos agasallaron, e que protagonizou todos os retratos que os asistentes se fixeron no festival.
Para este teremos outra sorpresa que nos chega da man de MUEBLES Y CARPINTERÍA GARCÍA. Non daremos moitas pistas sobre isto. Solo vos diremos que son 9, que son grandes, e que seguro vos van a encantar tanto como a nós.
Parque Pista Floreal 2.0
A Asociación Cultural Discalz@s Polo Festival, no afán de seguir recuperando as festas tradicionais da Vila de Cedeira, ten o pracér de presentar unha Festa adicada a todas as xeracións previas que viviron e disfrutaron os bailes no “Parque Pista do Floreal”. Así era como se coñecía esta famosa praza da Vila e que o próximo sábado 14 de Outubro vamos a tratar de rememorar eses vellos e añorados tempos.
Para este evento, contaremos coa participación do grupo de Ferrol “Los Zares” que faran que tod@s bailemos coas cancións de sempre, o outro grupo que participará neste gran baile serán Tarraxe, que volven os escenarios no seu escenario favorito :D.
A festa dará comezo as 19:00 H da tarde, con unha sardiñada popular amenizada con gaitas da vila.
Así que xa sabedes, agardamos por tod@s no PARQUE PISTA FLOREAL, ACHÉGATE!!