FOTO 2

Un novo compañeiro

Que tal estades discalz@s??!! Xa queda menos dunha semana para o festival e seguimos ultimando os detalles para o noso evento. Este ano temos unha GRAN sorpresa preparada que nos chega por cortesía dos nosos amigos de Muebles y Carpintería Villadóniga. Un novo amigo que nos acompañará durante todo o festival.
Nos vos adiantamos nada máis, soamente vos pedimos teñades coidado de non facerlle cóxegas.

Discalziñ@s

Como cada ano, no noso festival faremos un oco para @s máis pequen@s da casa. A partir das 5 da tarde do sábado e ata o comezo dos concertos, terán lugar os xogos populares e as actividades para nen@s. Pero ollo, isto non remata aquí, o grupo que inaugura os concertos da noite, terá unha parte do seu espectáculo adicada aos nen@s para que poidan desfrutar da música tanto como ou máis que os maiores.

foto 3

Zona de acampada gratuíta

Nesta edición do festival poremos á vosa disposición unha zona de acampada totalmente gratuíta.

CartelWillys_Discalzos2017

Cartel do Discalz@s Polo Festival 2017

A edición deste ano 2017 do Discalz@s Polo Festival ven cargada de grandes grupos que seguro farán disfrutar a tódolos asistentes.

HOLA MUNDO

Nova web do Discalzos Polo Festival

Dende hoxe está operativa a nova web do Discalz@s Polo Festival. Neste espazo poderedes seguir a actualidade do festival e da nosa asociación.