
MACHETA SUPAHSOUND
MaCheta Supahsound é una banda galega que presenta unha rica mestura baseada no Afrobeat, xénero musical creado por Fela Kuti na Nixeria de finais dos anos 60, que combina elementos da música tradicional yoruba, jazz, funk e highlive. A banda nace no 2019, froito da xuntanza de dez grandes instrumentistas de varios estilos… músicos procedentes de grupos con ampla traxectoria na escena galega que suman o seu coñecemento neste novo proxecto. As súas músicas están marcadas por ritmos africanos e caribeños complexos con intensas percusións polirrímicas, que se funden de modo maxistral cunhas letras con mensaxe que amenudo abordan temas sociais y de actualidade. Pura explosión de enerxía positiva!!!

ALPARGATA
Alpargata é unha banda madrileña que representa unha das propostas máis singulares do circuíto musical español. Coa súa explosiva mestura de ritmos e estilos, que abarcan desde latin-jazz e funk ata rock progresivo e rumba, souberon gañarse o respecto de público e crítica nas súas máis de 15 anos de traxectoria musical, nos que produciron 4 discos e feito numerosas xiras por España e Europa. Alpargata mete no mesmo saco a música, a comedia, a improvisación e a crítica social, nun espectáculo delirante e impredicible que non deixa indiferente a ninguén.

ZALOMON GRASS
Zalomon Grass é un power trio vigués cun estilo inconfundible, que eles mesmos definen como “Cosmic Blues”. Fusionan o rock clásico da década dos 70`s con toques de psicodelia e progresivo, creando unha atmosfera sonora envolvente con bases rítmicas poderosas, guitarras vibrantes, oportunos cambios de ritmo e melodías que convidan a viaxar a tempos pasados. Tras un exitoso debut co álbum «Space Opera» en 2021, que lles levou a percorrer España e Portugal e traspasar fronteiras tocando na Suíza no Festival de Jazz de Montreux, Zålomon Grass acaba de lanzar o seu novo e esperado traballo de longa duración, titulado «Trouble in Time». Sabia renovada na escena do rock patrio…. cun altísimo potencial musical!!!

SOBRINUS
Sobrinus é un grupo de rock madrileño formado en Móstoles en 1995. A súa música, moi influenciado pola banda estadounidense Primus (da que deriva o seu nome), é ecléctica por natureza, rock no básico con toques de funk, jazz, punk, hardcore… con imaxinativos cambios de ritmo e síncopas. Abundan as letras surrealistas e humorísticas con orixinais xogos de palabras, dilogías, similicadencias e paronimias de expresiva musicalidade. Sobrinus foi unha das bandas máis respectadas e mellor valoradas da escena do rock alternativo dos 90 pola súa creatividade, independencia e os seus fantásticos directos. A súa irrupción no circuíto musical underground madrileño supuxo un autentico terremoto, chegando a publicar 3 Lp`s sublimes, ata que en 2005 cesaron a súa actividade. Tras un largo período de parón, convertidos polo paso do tempo nun grupo de culto, Sobrinus volve aos escenarios e lanza o seu esperado 4° álbum co título de “Renace”. Este 2025 a mítica banda cumpre 30 anos desde a súa fundación e celébrao da mellor maneira: cunha xira de concertos explosivos e únicos cun repertorio creado para a ocasión.

CARTA SUICIDA
Carta Suicida é unha banda da vila nada no ano 2007 como un grupo de amigos do instituto de xogaban con ter unha banda de metal. En 2014 gravan a súa primeira maqueta «Infección popular» cun son punk moi cru e letras pesimistas que marcarían a esencia da banda. Despois dunha longa pausa, Carta Suicida reúnese en 2023 para un único concerto. A boa acollida do público e a forte conexión entre os músicos esperta o interese da banda por crear novo material. Cun son moito máis refinado e un estilo máis coidado e enérxico, en 2025 editan o seu primer album «Suficiente pra Matarche», totalmente autoproducido. A esencia escura dos inicios mantívose moi presente na filosofía e no seu son, que combina estilos como o punk rock, o metal e o hardcore. O resultado…. unha atmosfera sonora enérxica e envolvente que se transmite en cada directo.