Uncategorized

Máis Discalz@s ainda

Estamos ás portas do Discalz@s Polo Festival 2018. Unha edición que se presenta máis ambiciosa que as anteriores, e que consagra o traballo de todo un ano, dunha asociación que vive en corpo alma a organización de este evento. Da fe o escritor de este artigo que as horas dedicadas para artellar o festival deste ano, cóntanse  por centos. Sen embargo, ata agora o esforzo sempre mereceu a pena. Máis a aínda cando ás persoas do noso pobo nos dan o seu apoio para lograr ese o noso obxectivo.

Na edición do ano pasado vimos nacer ese pé xigante co que os amigos da Carpintería Villadóniga nos agasallaron, e que protagonizou todos os retratos que os asistentes se fixeron no festival.

Para este teremos outra sorpresa que nos chega da man de MUEBLES Y CARPINTERÍA GARCÍA. Non daremos moitas pistas sobre isto. Solo vos diremos que son 9, que son grandes, e que seguro vos van a encantar tanto como a nós.

 

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *